Novos contidos intelixentes para E-Dixgal

Ao longo do curso 2017-2018 os docentes que impartan en aulas do proxecto E-Dixgal van a dispoñer de novas funcionalidades para os contidos da editorial Netex para Inglés (5º e 6º de Primaria e 1º e 2º de ESO) e Matemáticas (6º primaria e 1º de ESO). Neste sentido, o profesorado vai a poder personalizar e actualizar o contido editorial mediante unha sinxela interface. Ademais, pode crear os seus propios materiais didácticos e ofrecer contidos individualizados ao alumnado sen saír da propia unidade didáctica.
Así mesmo, o profesorado vai ter información do que ocorre na aula en tempo real, así como novas ferramentas para marcar o ritmo da clase e controlar, en todo momento, o que ven nas súas pantallas: levar ao alumando á unha páxina específica para poder poder seguir as explicacións, bloquear a navegación polas unidades, etc.
Os novos contidos proporcionan aos docentes as ferramentas necesarias para atender á diversidade da aula: análise intelixente do rendemento individual e grupal, asignación de tarefas específicas, agrupación dos estudantes segundo as súas necesidades, personalización de contidos e traballo colaborativo, etc.
Finalmente, os docentes van a ter á súa disposición gráficas que indican como evoluciona cada alumno nos estándares de aprendizaxe que se traballan nas unidades didácticas.




No hay comentarios:

Publicar un comentario